terça-feira, janeiro 24, 2006

INCITATUS

"Era unha noite rotunda de agosto. Eu estaba deitado. Ao principio víase o seu rostro envolto en sangue no horizonte. Despois comezou a ascender, cada vez máis áxil e lixeira. Canto máis subía, ía facéndose máis lene e transparente. Chegou a recubrirse de lagoa de auganeve no medio daquela noite sementada de estrelas. Chegou entón morna, doce, espida. Traspasou o meu umbral e coa súa firme indiferencia achegouse ao meu leito, esvarou ao meu carón e anegoume cos seus sorrisos e a súa luz. Posuín a Lúa."

[Calígula, acto III, escena 2ª, adaptación libre]

Calígula é o centro do universo deste caderno. Mais, por que Calígula, unha obriña pequena dentro da grandiosa producción de Camus?
Pois porque Calígula é o todo, e é a nada. Calígula é unha parte de nós, agochada. Todos queremos posuir a Lúa, e todos queremos escravizar a quen nos odia e ter ás mulleres que desexamos e non podemos ser. Todos queremos o poder que calibra as vidas dos demais.
Calígula é un visionario, mais é tomado por un tolo. El sabe a terrible verdade: os homes morren e non son felices. OS HOMES MORREN E NON SON FELICES.
Morreremos, todos, sabendo que non fumos felices. Porque non logramos posuír a Lúa. Porque o temos todo e, non obstante, non temos nada. Porque morre quen amamos e a nosa vida muda porque non temos a Lúa. Porque cando nos maten, señores, cando nos maten, os nosos verdugos saberán que están matando unha parte de si.
Porque todos somos culpables e todos somos asasinos. Todos buscamos a nosa imaxe no espello e só atopamos odio. Porque os mortos pesan nas nosas pálpebras e non nos deixan durmir á noite.
TAMÉN TI ES CULPABLE. E TI. E TI. E SABES QUE VAS MORRER INFELIZ, CONSCIENTE DA TÚA INFELICIDADE. Se non matas, a túa soidade vaise facer unha carga insoportable...

3 Anotaciós:

Blogger TXARI engadiu...

moi profunda reflecxióm...de certo levas razóm...

15.2.06  
Anonymous Anónimo engadiu...

Quero agradecer o teu comentario no meu blog, hoxe casualmente nun artigo de A. Lombao na contra da opinión, aparece unha frase.

(sic).As imaxes e as palabras son belas e boas servindo á vida e ao amor, tan necesario para non envellecer e para morrer ditoso.
Xa dicía Gabo que se equivocan os homes "ao pensar que deixan de se namorar cando envellecen, sen saber que envellecen cando deixan de se namorar”.

Cada día que pasa, teño o convencemento de que o único importante é "vivir" aínda que sexa vital definir que é vivir, pois é un concepto que cada cal define dende o seu nivel cultural e desde o seu limiar de coñecemento amen das súas crenzas, que habitualmente, determinan ao individuo.

12.6.06  
Blogger Incitatus engadiu...

non creo estar dacordo con vostede, pero constitúe un interesante tema de reflexión, dende logo

13.6.06  

Enviar um comentário

<< Home