quinta-feira, agosto 31, 2006

"Ítaca", de Cavafis

Cando vaias camiño de Ítaca,
desexa que
o camiño sexa longo,
cheo de aventuras, cheo de coñecementos.
Aos Lestrigóns e aos Cíclopes,
non teñas medo do irado Poseidón,
non atoparás tal no teu camiño,
se mantés o teu pensamento ergueito,
e selecta
emoción o teu esprito e o teu corpo tenta.
Aos Lestrigóns e aos Cíclopes,
ao fero Poseidón nono toparás,
s
e non o levas dentro da túa ialma,
se a túa ialma non os pon diante de ti.

Desexa que o camiño sexa longo.
Que sexan moitas as mañanciñas de vrao
nas que con canta ledicia, con canto gozo
atraques en portos nunca antes vistos,
detente nos emporios fenicios,
e colle mercadorías preciosas,
nácares e corais, ámbar e ébano,
e perfumes sensuais de todos os tipos,
cantos máis perfumes sensuais podas,
vai a cidades de Exipto, a moitas,
aprende e aprende dos sabios..

Leva sempre no maxín a Ítaca.
Chegar alí é o teu destino.
Mais procura non apurar o teu viaxe.
Mellor se dura moitos anos,
e xa vello atraques na illa,
rico con canto fuches gañando no camiño,
sen agardar que Ítaca che dea riquezas.

Ítaca deuche o fermoso viaxe.
Sen ela nunca terías comezado o camiño.
Mais xa non ten máis que darche.

E se pobre a atopas, Ítaca non te enganou.
Así sabio como te fixeches, con tanta experiencia,
entenderás xa que significan as Ítacas.


tradución libre


Ítaca estame a expulsar, obrígame a emprender o camiño, estame preparando. Pero hai aquí mil e unha cousas que me atan. Que doen. Por que é tan difícil marchar? Por que sempre buscamos cordas para cinguirnos aos demais? Por que é tan difícil ser libre e dicir adeus?


5 Anotaciós:

Blogger Madeleine engadiu...

teño ganas de volver a calquera ítaca con vostede! Claro que o botei de menos, de feito é que estaba a piques de consumirme!!

2.9.06  
Blogger Madeleine engadiu...

Este comentário foi removido por um gestor do blogue.

2.9.06  
Anonymous Anónimo engadiu...

porque se dis adeus, cara onde vas?

9.9.06  
Blogger Incitatus engadiu...

e iso importa?

10.9.06  
Blogger Laurindinha engadiu...

Un dos meus poemas favoritos... tremendamente suxestivo, luminoso...
É terrible non poder nunca volver a Ítaca... pero quizais niso radique a súa beleza...
E que fermoso é o camiño...

11.10.06  

Enviar um comentário

<< Home