domingo, maio 14, 2006

"Deseo de ser piel roja", de Miguel Morey

"E é coma se niso consistira agora a túa vida, en saír á captura de faces ou de instantes -en procurar o encontro dun presente que che ofreza, de súpeto, a súa face tranparente e luminosa nun instante: deixarte traspasar polo transo da beleza, ou do horror -sen aforrarte. Está claro que non buscas construír en edificio a experiencia dos teus pasos, non tes plan ningún: o que buscas é o que nas faces é -só o que é e o demais pouco importa... Quéreste así, un cazador de faces coma outros tantos mundos posibles, coma outras tantas posibilidades dunha experiencia instantánea do que é o mundo."

Hoxe, ou calquera outro día, decátaste do grande que é o mundo e do insignificante que es ti. Hoxe descúbreste coma un ser terriblemente ignorante e aillado. E a posibilidade de saber -de chegar máis aló que os teus pais, que os teus achegados- embriagado do egoísmo e a codicia dun neno que quere ter o carmelo máis saboroso, o xoguete máis brillante da escola. E ves como se abren as portas pero aínda non sabes cal é o camiño a escoller

5 Anotaciós:

Blogger Laurindinha engadiu...

Precisamente hoxe non se me abren as portas, péchanseme... É terríbel sentirte rodeada de incertidume...

15.5.06  
Blogger Incitatus engadiu...

si, é terrible. mais non perdas coidado, en calquera momento poden abrirse

15.5.06  
Blogger Madeleine engadiu...

Me cago!! TI no es insignificante, non perdas ollo da relatividade... e que lle dean ao mundo!

20.5.06  
Anonymous Anónimo engadiu...

me encantas y todavía empiezo a conocerte...me ha gustado haber hablado contigo esta noche

22.5.06  
Blogger Incitatus engadiu...

o mesmo digo, usuaria anónima.
madeleine, coma sempre, gracias

22.5.06  

Enviar um comentário

<< Home