sábado, março 11, 2006

"Ruído" de Luísa Villalta

"O solitário morde a brisa da tarde
coma se fose o último anaco de pan.

Cada centímetro de distáncia é insalvábel
por iso afirma non poder regresar.

Ascende polo frio, de espaldas á voz
que o reclama nos lindes da inmensa herdade.

Desde o siléncio ódia o siléncio
que os bons dias ocultan amabelmente.

O solitário sempre ten fame e sede
porque vive da brisa como un rio que se perde."


Eu son hoxe ese solitario que odia o silencio. Hox son ele porque teño frío e teño fame e sede e non sei como saciarme e taparme. Non sei como amosar ao mundo que son home e non deus.
Hoxe quixera non regresar nunca, e ficar neste mundo de non-vida, de soidade resignada, de follas en branco.
Hoxe quixera poder dicirche que non te necesito, que en realidade nunca te necesitei. Dicilo e que soase a verdade. Dicir que cando non estás aquí non te estraño, non teño frío. Poder pensar alén de ti. Imaxinar a vida se ti non irrumpises nela cando xa o tiña todo planificado, e ti non entrabas nos meus plans.
Tan difícil é explicar que aínda non podo entender que me queiras tanto?

2 Anotaciós:

Blogger Madeleine engadiu...

... e que me doia tanto que penso que non che correspondo? Ou que de certo non che correspondo, ao mellor é que el a min quéreme dun xeito que endexamáis poderei acadar
Síntoo Incitatus, dame medo que pense o mesmo ca min

14.3.06  
Blogger Laurindinha engadiu...

Temor a un sentimento que nos trascende?
Ás veces o amor dá medo porque é algo que non se pode controlar, non se pode planificar...

15.3.06  

Enviar um comentário

<< Home