sábado, fevereiro 04, 2006

"Deseo de ser piel roja" de Miguel Morey

"Quería terche escrito que a túa lembranza me persigue, que me persigue a túa ausencia. Que, a contraluz, véxote entrar mil veces nos lugares nos que almorzo (...) Que enigma senón a túa ausencia se agocha detrás da ollada desa fermosa descoñecida? Ninguén me podería ser tan descoñecida coma ti, que agora non estás -que estás tan lonxe. Quixen escribirche que sentía cousas como estas -e preguntarche: Quen es ti? En que pensas -en que soño vives?"
Sentir que non te coñezo. Que me puidese faltar o teu tacto cando, pola noite sinto medo -cando teño frío. Saber que cando faltes a túa pantasma vai seguir os meus pasos. Que o teu silencio é a peor das torturas

5 Anotaciós:

Anonymous Anónimo engadiu...

visto e escoitado. contranatura (sen beleza nin pecados coincidentes). nós sen nós.

6.2.06  
Anonymous Anónimo engadiu...

a intención é boa, pero xikera kita deí a les, tronco, ke nin pa icono bizarro...

6.2.06  
Anonymous Anónimo engadiu...

e si, o silencio é a pior das torturas. porque o significa todo, e acaba por non significar nada...

6.2.06  
Blogger eue engadiu...

Mirando a ausencia dos seus ollos
escoitando o silencio da súa voz
bicando a falta dos seus beizos

Así o dicía eu co meu primeiro amor, aos anos

6.2.06  
Blogger Madeleine engadiu...

grande, as túas palabras son dun aire inspirador! Non deixes de escribir que fas falla, Incitatus

8.2.06  

Enviar um comentário

<< Home