"O ollo pineal" de George Bataille
"A un home situado no medio dos outros homes irrítalle saber por que el non é un dos outros.
Deitado nunha cama ao carón dunha rapaza que ama, esquence que non sabe por que é el, no canto de ser o corpo que toca.
Ignorándoo todo, sofre a causa da oscuridade da intelixencia, que lle impide berrar que el mesmo é a rapaza que esquence a súa presencia axitándose nos seus brazos.
(...)
Esforzaranse en se buscar avidamente uns aos outros: nunca atoparán máis que imaxes paródicas e durmirán tan baleiros coma os espellos."
E eu hoxe xa non sei se serei eu. Nen se será este o meu corpo.
É demasiado difícil recoñecerse ás veces
2 Anotaciós:
Namentres non saibas quen eres e sigas sendo Incitatus, estaremos todos en mans da súa brúxula literaria. Non coñecía o texto, gracias por mo remitir, querido meu ;)
Xa ve, dona do espello. ando á procura da miña face e non sei oonde atopala. quizais a atope no país-dos-non-espellos. mentres non a atopo, seguirei a me gardar no que outros escribiron
Enviar um comentário
<< Home