El porque eu xa non podo ser eu -porque non me recoñezo, non me atopo. Porque aborrezo facerche sufrir e mais non podo evitalo. Porque te quero e non sei como dicilo. Porque morro polas túas mans e polos teus beizos. Por ese peito sobre o que pechar os ollos e enlear os soños. Porque devezo por espertar cada mañá ao teu carón.
Porque non sei quen son nen o que quero, e por iso non podo saber quen es ou o que queres -de min.
Porque xa me doen os ollos, e maila pel, e non son quen de dicirche o que me pasa porque nin sequera o sei.
Non sei como pedir que me perdoes. Pedir unha oportunidade máis para atoparme nos teus ollos
quero que me axudes a atoparme
2 Anotaciós:
curiosamente no bacherelato fixen de metelo, o primeiro patricio. coñeces o calígula de tinto brass. é igualmente perturbadora... en calquera videoclú
As palabras sempre son útiles para o recoñecemento...
Enviar um comentário
<< Home