"Alegoría do ensoño ferido" de Mª do Carme Kruckenberg
"Levo tantos anos coas azas cortadas
que non sei a razón que me volve o latexo,
quizais sexa o tempo que me arricou a pola
da mais ergueita folla dos anceios.
Ou quizais sexa o desleixo que fura
como a pinga incesante do lamento.
Unha agarda, e non sabe o que se agarda.
E a esperanza esmorece
escorregando polos muros dos cemiterios
donde foron queimando amor, os enamorados
esquencidos de bicos e tremores.
Non sei se agora ou sempre
teño necesidade dun suspiro,
aínda que non saiba achegarme ó agarimo
dun corpo intacto."
que non sei a razón que me volve o latexo,
quizais sexa o tempo que me arricou a pola
da mais ergueita folla dos anceios.
Ou quizais sexa o desleixo que fura
como a pinga incesante do lamento.
Unha agarda, e non sabe o que se agarda.
E a esperanza esmorece
escorregando polos muros dos cemiterios
donde foron queimando amor, os enamorados
esquencidos de bicos e tremores.
Non sei se agora ou sempre
teño necesidade dun suspiro,
aínda que non saiba achegarme ó agarimo
dun corpo intacto."
E o camiño que está borroso hoxe e mañá. Quizais pasado. E non saber que facer. Nin un suspiro deitado na sombra. E os agarimos rexeitados con rudeza mañán serán lembranzas tristes e arrepentimento. Quen puidera coñecer o futuro ou saber discernir o camiño mellor...
5 Anotaciós:
Aínda que os camiño parezan incertos... sempre hai unha derradeira intuición que nos leva... e nela un debe confiar cegamente sen arrepentimentos...
Teño tanto medo de errar...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Errará cando deixe de procurar camiños. Errados ou non, sonlle iniciativas, e hai xente que non procura ningunha!
Enviar um comentário
<< Home