quinta-feira, julho 20, 2006
quarta-feira, julho 05, 2006
41.
escribíchesme
un correo electrónico
hoxe só me apetece escavar
un buraco ben fondo
para fuxir de todo
e de todos
dis
benvida digo
mais
non te vou contestar
coas mañas dunha vella toupeira
abrirei unha galería
do meu buraco ao teu
para te facer cóxegas
cos pelos do fouciño
escribíchesme
un correo electrónico
hoxe só me apetece escavar
un buraco ben fondo
para fuxir de todo
e de todos
dis
benvida digo
mais
non te vou contestar
coas mañas dunha vella toupeira
abrirei unha galería
do meu buraco ao teu
para te facer cóxegas
cos pelos do fouciño
pero non fuches ti a que escribiches o mail. coma sempre, fun eu. e ti déchesme agarimo no máis fondo do teu buraco
ata que fiquei durmido
ata que fiquei durmido
domingo, julho 02, 2006
"Calor" de M. Darriba
...Vén a brisa
a mañá clara sabe a auga
non vos vexo
(non vos vexo)
presta estar
tan só, desamparado
tan colmado
a mañá clara sabe a auga
non vos vexo
(non vos vexo)
presta estar
tan só, desamparado
tan colmado
foi un regalo teu. agora non estás e teño que desfacer unha maleta chea e instalarme nesta nova cabeza na que non me collen as cousas de antes. e no armario colgar un xersei, unha camiseta, un cinto vellos. e pensar cando volverei a verte. e pensar o ben que se está só, anque doia acostumarse. o ben que se está no silencio