Pra que seguir? Pregunteiche. Pra que seguir con isto, con todo? E ti calabas e xa non había ninguén máis no patio de butacas a quen preguntar. Así que din por rematada a función. Cando se pechaban as portas vin os teus pés pendurando do teito. Matárono, berrei. Mais erraba. Non o mataran. Era que ascendía e ascendía, tan arriba que xa non semellaba humano. E quixen dicirlle que me levase con el, pero xa non podía. Así que pechei os ollos e durmín pra sempre.
2 Anotaciós:
"the show must keep going on!!!"
o reconto de danos colaterais faise co país xa arrasado
e foi que non
Enviar um comentário
<< Home