sábado, maio 27, 2006

"Amor 77", de Julio Cortázar

" Y después de hacer todo lo que hacen, se levantan, se bañan, se entalcan, se perfuman, se peinan, se visten, y así progresivamente van volviendo a ser lo que no son."



cada día, a cada hora. vou convertíndome no que non son
e ela?

domingo, maio 14, 2006

"Deseo de ser piel roja", de Miguel Morey

"E é coma se niso consistira agora a túa vida, en saír á captura de faces ou de instantes -en procurar o encontro dun presente que che ofreza, de súpeto, a súa face tranparente e luminosa nun instante: deixarte traspasar polo transo da beleza, ou do horror -sen aforrarte. Está claro que non buscas construír en edificio a experiencia dos teus pasos, non tes plan ningún: o que buscas é o que nas faces é -só o que é e o demais pouco importa... Quéreste así, un cazador de faces coma outros tantos mundos posibles, coma outras tantas posibilidades dunha experiencia instantánea do que é o mundo."

Hoxe, ou calquera outro día, decátaste do grande que é o mundo e do insignificante que es ti. Hoxe descúbreste coma un ser terriblemente ignorante e aillado. E a posibilidade de saber -de chegar máis aló que os teus pais, que os teus achegados- embriagado do egoísmo e a codicia dun neno que quere ter o carmelo máis saboroso, o xoguete máis brillante da escola. E ves como se abren as portas pero aínda non sabes cal é o camiño a escoller

quarta-feira, maio 03, 2006

"Ouh doce o peso do teu corpo no meu maxín deitado"
A. Cunqueiro



(hoxe son un chisco máis feliz. sorrí o amo rubido no meu lombo. a Lúa dende o alto, sorrí e arrola o vento. quero durmir fitando pra Ela)